Que é o acoso?            Quenes somos?         Estatutos        Colabora        Contacta        Asociarse       Axuda
Versión en galego Versión en castelán 
 
Tablón de Actividades
Novas
Casos de Mobbing
Blog
Sentenzas
Falan as Víctimas
Observatorio Mobbing
Prevención Riscos Laborais
Enlaces


A Lei de Prevención de Riscos Laborais ten por obxecto promover a seguridade e a saúde dos traballadores mediante a aplicación de medidas e o desenvolvemento das actividades necesarias para a prevención de riscos derivados do traballo.

Para o cumprimento de ditos fins, esta lei regula as actuacións a desenvolver polas Administracións Públicas, así como polos empresarios, os traballadores e as súas respectivas organizacións representativas.

O seu ámbito de aplicación serán as Relacións laborais reguladas no texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e nas relacións de carácter Administrativo ou estatutario do persoal civil ao servizo das Administracións públicas.

Entenderase como "risco laboral", a posibilidade de que un traballador sufra un determinado dano derivado do traballo.

Considéranse como "danos derivados do traballo" as enfermidades, patoloxías ou lesións sufridas con motivo ou ocasión do traballo.

A xurisprudencia, considera xa o mobbing como un accidente laboral.

Os traballadores teñen dereito a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo. Este dereito supón a existencia de un correlativo deber do empresario de protección dos traballadores fronte aos riscos laborais.

Nas seguintes páxinas poderás obter máis información sobre Riscos Laborais:

www.mobbingmadrid.com

www.prevencionintegral.com